sábado, 4 de novembro de 2023
POIS ASÍ FOI O NOSO SAMAÍN
Empezamos visitando o laboratorio da bruxa, despois fomos escoitar á biblioteca unhas historias arrepiantes, nos corredores atopámonos co sacaúntos, o home do saco e outros seres terroríficos que nos estiveron asustando moi metidos no seu papel. O alumnado de infantil foi ver a representación de títeres "A bruxa regañadentes" e fixeron o seu propio circuíto con pintura fluorescente. Outras actividades que fixemos durante a semana foron escribrir os nosos medos e botalos a arder na pota de Agata, inventar un conxuro para facer desaparecer os medos e escoitar pola radio contos de medo dramatizados polo alumnado de 6º en riguroso directo e polo alumnado de 3º en podcast! Encantáronnos!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario