luns, 30 de decembro de 2024

Os xoguetes non teñen xénero

XOGA COA TÚA FAMILIA A ANALIZAR A PUBLICIDADE DO XOGUETE

LECTURAS PARA O ANO NOVO

Como cada ano compartimos con todas e todos vós as GUÍAS DE LECTURA, coas últimas novidades en lectura e música en galego, elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, do que formamos parte. Este ano decidimos adicar estas guías ás cantareiras e a poesía popular oral debido a que a Real Academia Galega renderalles homenaxe no Día as Letras Galegas deste ano 2025. Por iso, o texto implícito nelas é una adaptación da canción de Fuxan os ventos "O Estraperlo", facendo fincapé no legado das cantareiras, nos contos e por suposto, na nosa lingua nai... Aproveitando este grandísimo labor, compartimos as guías de lectura coas recomendacións lectoras e musicais. Animádevos a mercar na nosa vila e nas súas librarías... "Recomendaríache un conto por se mo souberas ler-e se llo das a ler a outro valaivai o ben saber-e"

venres, 27 de decembro de 2024

DESPEDIDA DE ANO

O alumnado de primaria foi pedir o aguinaldo polas clases, cantando cantos tradicionais do Nadal. O grupo "Eche o que hai" veu visitarnos coma todos os anos e xuntos compartimos cancións e bailes tradicionais. Viva o galego e viva a música que nos une.

Aproveitamos esta entrada para desexarvos a tod@s un FELIZ 2025!

sábado, 14 de decembro de 2024

UN COLE INCLUSIVO

 Os profes de Educación Física, María e Juan, estiveron traballando moito para organizar as segundas Paralimpíadas do Hío. O alumnado do Colexio Juan XXIII  veu pasar unha estupenda xornada con nós e a participar en todas as probas inclusivas da paralimpíada. Agradecemos a colaboración das familias e a deliciosa chocolatada que nos preparou a AFA, con biscoito incluído!

luns, 25 de novembro de 2024

CONTRA A VIOLENCIA 25N

 Hoxe participamos no dia contra a violencia machista. Os colexios de Cangas reunímonos no auditorio e cada un fixo a súa proposta. A nosa proposta foi a de cantar a cancion "Que non mo neguen" das Tanxugueiras e ir escribindo palabras do Benquerer en diferentes cores, e palabras do malquerer en negro. Tod@s temos a esperanza de que algún día non sexa necesario visibilizar este dia e erradicar dunha vez por todas comportamentos machistas da sociedade. Que non vos neguen o dereito á libertade.


xoves, 14 de novembro de 2024

A ciencia no cole

Chegou Novembro, o mes da ciencia. No colexio fixemos unha exposición con algúns dos libros de ciencia para que o alumnado e profesorado  poidan coñecer á nosa colección.Tamén desde a AFA organizáronse uns obradoiros sobre ciencia que podedes ver no vídeo de abaixo. Desde o colexio reivindicamos a ciencia en galego e a ciencia en feminino. Podedes atopar diferentes recursos no Blog de Bibliotecas Escolares 

Na seguinte entrada podedes subir os experimentos que vaiades facendo.

venres, 8 de novembro de 2024

O NOSO SAMAíN

 Polo Samaín contamos lendas nas aulas, sobre os seres mitolóxicos galegos como o "Can do Urco" ou a  "Santa Compaña", despois fomos escoitar un conto de medo á biblioteca. Os de 1º ciclo escoitaron da boca da propia bruxa o conto de "Hansel e Gretel",  os de 2º ciclo unha terrorífica historia "O ano en que os pitos perderon a cabeza" e aos do 3º ciclo un intrigante personaxe vestido de negro contoulles un historia arrepiante. Ao rematar de escoitar as historias escribimos os nosos medos e metémolos na pota da bruxa para queimar e facelos desaparecer.

A continuación fomos ao salón de actos para que os máis e as máis valentes meteran as mans nunhas caixas espeluznantes. Todo acompañado de escuridade, música inquietante e cabazas de siluetas alumeantes. Viva o Samaín!


luns, 4 de novembro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares

 O 24 de Outubro celebramos o día das  Bibliotecas Escolares con varias actividades que xa son tradición no noso colexio: Poñemos en marcha as Mochilas Viaxeiras, O recuncho de Favoritos e levamos a cabo o 1º atrapacontos do ano para coñecer ás novas parellas lectoras. Neste 1º "Atrapacontos" os maiores ensina aos máis pequenos rimas tradicionais recollidas na parroquia do Hío alá polo ano 95 e editadas no libro "TtTIRIDALLE". Esta actividade enlaza co proxecto deste ano: A celebración dos 50 anos do colexio, recordando un dos traballos de máis éxito, realizados para a conservación da memoria das rimas e xogos para a rapazada.


venres, 27 de setembro de 2024

OS 50 ANOS DO COLE



Neste curso o proxecto anual xirará arredor  da celebración dos 50 anos do colexio. Analizaremos os cambios sociais, tecnolóxicos, educativos...ademais de contar con ex profes e outras persoas que nalgún momento da súa vida tiveron relación co colexio do Hío. Vai ser un ano cheo de sorpresas. Esperamos a túa colaboración como parte da comunidade educativa. Parabéns ao colexio e a todos nos que nalgún momento formastes parte del.




sábado, 15 de xuño de 2024

RECOMENDACIÓN LECTORAS PARA O VERÁN

REMATA O CURSO E QUEREMOS DARVOS UNHAS IDEAS PARA LER NO VERÁN. FELICES VACACIÓNS!

SEMANA DO TEATRO "ALFONSO DA HERBA"

COMO RESULTADO DO PROXECTO ANUAL "XOGANDO A SER" OS DIFERENTES CURSOS DERON MOSTRAS DO TRABALLADO EN RELACIÓN COA INTERPRETACIÓN E DE METERSE NA PEL DOUTRO . OS RESULTADOS FORON MOI VARIADOS: TEATRO DE SOMBRAS, KAMISHIBAI, ADAPTACIÓN DE CONTOS AO TEATRO OU CREACIÓN DE GUIÓN PROPIO. A FALTA DA OBRA DE 6º QUE A DEIXAREMOS PARA O ÚLTIMO DÍA DE CLASE ESTE SON OS RESULTADOS QUE PODES VER TAMÉN NA PÁXINA DA RADIO TELEVISIÓN ÁGATA E PACO.

A MELLOR SOPA DO MUNDO
A VODA DO GALO PINTO O ACUARIO O ELEFANTE QUE PERDEU UN OLLO KAMISHIBAIS DE HISTORIAS INCLUSIVAS

domingo, 9 de xuño de 2024

ARTE NA PRAIA

O ASESOR ARTÍSTICO MARC TAEGER ACOMPAÑOUNOS ATA A PRAIA DE VILARIÑO PARA FACER AS NOSAS CREACIÓNS NA AREA EMPREGANDO SO OS PES. PREVIAMENTE NAS AULAS DESEÑAMOS OS DEBUXOS XEOMÉTRICOS QUE CADA CURSO ÍA DEBUXAR NA AREA. DESPOIS BAILAMOS A COREOGRAFÍA ENSAIADA EN EDUCACIÓN FÍSICA CON SILVIA E MARIA.
Aproveitamos a saída á praia para colocar o colector de plástico elaborado no colexio coa axuda das familias

CORO DA ESCOLA E VISITA A GALESCOLA

OLIVEIRA DOS CEN ANOS DE C. TANGANA
COCORICO, BASEADO NO CONTO DE MARIZA NÚÑEZ (EX PROFE DO NOSO COLE) MÚSICA DE ALMUDENA JANEIRO
CANON "FANTASÍA BRASILEIRA" RECOLLIDO POR VIOLETA HEIMSY DE GAINZA
GRAZAS Á GALESCOLA POR TRATARNOS SEMPRE TAN BEN!

ENTREGA DE PREMIOS

E OS PREMIADOS FORON

 

venres, 24 de maio de 2024

XA ESTÁN AQUI...

 


LETRAS GALEGAS 2024


No día das Letras Galegas cantamos, falamos e bailamos  EN GALEGO. Este ano a homenaxeada foi Luísa Villalta. Aquí vos deixamos unha mostra das actividades organizadas polo equipo de Dinamización Lingüística. 

O alumnado de 6º investigou sobre a biografía de Luísa Villalta e retransmitiuno en directo pola radio.


Manolo Cobas ensaiounos unha muiñeira colectiva, con música de Fiandola e agasallounos co disco do seu grupo.

e tamén unha mazurca

E chegaron as  actuacións musicais entre elas o coro da escola do Hío.














venres, 17 de maio de 2024

CORRELINGUA 2024

 Así foi o Correlingua deste ano. O alumnado de Primaria desplazouse ata Bueu coa axuda do Concello de Cangas que puxo os autobuses. Acompañáronnos na marcha os gaiteiros do Hío "Os do serán" aos que lles agradecemos que sempre poidamos contar con eles. Finalmente bailamos ao ritmo de rock do grupo "Gramola Gominola".  Viva o galego e non deixes de falalo!


domingo, 28 de abril de 2024

XORNADAS INTERCULTURAIS. XIMCANA DE 5º

XORNADA DE CREACIÓN

O día 24 de abril tivemos a xornada de creación da Primavera Literaria. Os escritores e escritoras, de maneira voluntaria, poideron disfrutar dunha xornada de creación ao aire libre .

xoves, 25 de abril de 2024

CONCURSO "XOGANDO A SER"

XA TEMOS OS PRIMEIROS PARTICIPANTES.  DE QUÉ LIBRO - PELÍCULA SE TRATA?



 

Sofía e Africa 3º curso

martes, 23 de abril de 2024

martes, 2 de abril de 2024

PRIMAVERA LITERARIA

 Comeza o concurso da escrita do colexio do Hío. Tedes todo un mes para participar nas categorías que queirades. Haberá premios para todos os participantes e, por suposto para os gañadores e gañadoras. Animádevos a participar!


2 de abril. Día do autismo

 Para saber máis sobre o autismo ou como se coñece polas siglas TEA estivemos vendo un vídeo que resume moi ben as súas características. Tamén fixemos unha pequena exposición dos libros da biblioteca co código QR para acceder ao vídeo.




DÍA DA POESÍA

 O 21 de Marzo celebrouse o día da poesía. No colexio do Hío fixemos unha pequena exposición dalgúns libros de poesía e na hora de ler escoitamos os recitados dos poemas escollidos polo alumnado.



ATRAPACONTOS MARZO

 


mércores, 13 de marzo de 2024

Visita de Charo Pita

Charo Pita veu visitarnos e facer uns obradoiros para mellorar a técnica de contar contos pola radio. Fixemos varios exercicios e aprendemos moito con ela!





CONCURSO A MULLER E O TEATRO


 O 8 de Marzo comezou o concurso da Muller e o Teatro que durará ata o 15 de marzo. Durante a semana os nenos e nenas terá que visitar a exposición e contestar unha pregunta diaria, que se lerá na radio e tamén estará exposta no taboleiro. Posteriormente haberá un sorteo. Os gañadores e gañadoras levarán un agasallo da biblioteca. Algunhas das preguntas son as seguintes:









Día da Muller. 1º ciclo

 No 1º ciclo tiveron como invitadas a unhas mamás que viñeron a contar contos de igualdade no kamishibai. Foi moi chulo



Día da Muller. Instalación Infantil

Para o alumnado de infantil levouse a cabo unha instalación. Seis espazos adicados a mulleres de diferentes ámbitos como a literatura, arte, ciencia ou a música. O alumnado de infantil en pequenos grupos mixtos coñeceu a que se adicaban e experimentaron con elementos relacionados co seu traballo.








DÍA DA MULLER. BIBLIOTECA VIVENTE

O pasado 8 de marzo celebramos o día da Muller coa actividade "Biblioteca vivente" que tan bo resultado nos está dando nos últimos anos. Consiste en elexir o libro vivente que queres escoitar na biblioteca, en espazos diferenciados pero con encontros simultáneos. Este ano como o tema anual é "Xogando a ser", invitamos a 4 mulleres relacionadas co mundo do teatro. Iria Pinheiro, Sonia Rúa, Helena Varela e Marian bañobre. Aprendemos moitísimo do teatro. Aquí tedes un pequeno resumo.

venres, 23 de febreiro de 2024

RADIO NA BIBLIO

 Esta semana, para celebrar o día da radio, tivemos a sorte de contar con Soledad Felloza, unha actriz de teatro e narradora de contos que nos veu dar uns trucos para dramatizar historias pola radio. Foi xenial. Moitas grazas por vir ao noso cole!






DIA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o "Día de Rosalía" poñendo a música de Uxía na entrada e recitando poemas na hora da lectura, pola radio.

xoves, 15 de febreiro de 2024

DÍA DA RADIO

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA RADIO NO COLEXIO DO HÍO. EMITINDO PARA TODAS AS AULAS OS PODCASTS ELABORADOS POLOS CURSOS. AQUÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA.