venres, 8 de novembro de 2024

O NOSO SAMAíN

 Polo Samaín contamos lendas nas aulas, sobre os seres mitolóxicos galegos como o "Can do Urco" ou a  "Santa Compaña", despois fomos escoitar un conto de medo á biblioteca. Os de 1º ciclo escoitaron da boca da propia bruxa o conto de "Hansel e Gretel",  os de 2º ciclo unha terrorífica historia "O ano en que os pitos perderon a cabeza" e aos do 3º ciclo un intrigante personaxe vestido de negro contoulles un historia arrepiante. Ao rematar de escoitar as historias escribimos os nosos medos e metémolos na pota da bruxa para queimar e facelos desaparecer.

A continuación fomos ao salón de actos para que os máis e as máis valentes meteran as mans nunhas caixas espeluznantes. Todo acompañado de escuridade, música inquietante e cabazas de siluetas alumeantes. Viva o Samaín!


Ningún comentario:

Publicar un comentario