domingo, 22 de marzo de 2026
O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE
domingo, 15 de marzo de 2026
BIBLIOTECA CREATIVA
XABI LOZANO
CLUB DA CIENCIA
BIBLIOTECAS VIVENTES
O 9 de Marzo celebramos o día da muller coa actividade biblioteca vivente. Contamos con 5 mulleres relacionadas coa ciencia: Alia, matrona, Lourdes, pediatra, María, veterinaria, Rebeca, farmacia e Clara oceanógrafa. O alumnado de 3º a 6º escolleu nos días previos, a qué muller quería escoitar e preparou preguntas para facerlles. Foron unhas charlas moi participativas. moitas grazas por contarnos as vosas vivencias e inspirar a futuros científicos e científicas!
mércores, 18 de febreiro de 2026
DÍA DA PAZ
Feira do expurgo
Polo Nadal puxemos en marcha a campaña libros por alimentos. O alumnado foi traendo alimentos non perecederos para o Comedor Social a cambio dun libro do expurgo. Tivo un grande éxito. Volveremos poñela en marcha no mes de xuño.
11 DE FEBREIRO. DÍA DA MULLER NA CIENCIA
xoves, 5 de febreiro de 2026
CARTEL DO ENTROIDO FINALISTA
CHARLA SOBRE O ENTRUIDO
No colexio xa estamos quentando motores para o Entroido. Este martes viñeron falar do Entroido Claudia, presidenta de Nerga, acompañada do gaiteiro e compositor Nico García e Lorena, presidenta de Pinténs. Faláronnos do Entroido de antes e puxéronnos algúns vídeos para explicar a tradición e o reto de conservala. O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento. Algúns alumnos e alumnas de sexto serán este ano presidentes das súas comparsas no colexio e tomaron boa nota das funcións de ser presidentes.