mércores, 18 de febreiro de 2026

11 DE FEBREIRO. DÍA DA MULLER NA CIENCIA

Desde o colexio animamos a todas as nenas a interesarse pola ciencia. Noutros tempos a muller non era considerada o suficientemente intelixente como para desempeñar unha profesión científica. Moitas historias de mulleres importantes na ciencia foron anuladas ou silenciadas. Agora demostramos que tamén na ciencia están recuperando o lugar que lles corresponde. As actividades que fixemos foron unha exposición sobre mulleres científicas, o magnífico traballo que a universidade de Vigo fixo hai uns anos coas máscaras de mulleres científicas e un concurso para documentar que aportaron mulleres como Rosalind Franklin á ciencia.  Ademais expuxemos 3 trompos decorados con mulleres científicas: Angeles Alvariño, Rosalin Franklin e Jane Goodal, feitos polas familias.









Ningún comentario:

Publicar un comentario