mércores, 18 de febreiro de 2026
DÍA DA PAZ
Para celebrar o día da Paz fixemos un mural con palabras sobre a paz, puxemos en marcha o atrapacontos con libros sobre a resolución de conflictos, reflexionamos no consello da Infancia sobre a forma que temos de resolver os nosos conflitos e o alumnado de 4º leu os seus manifestos da paz.
Feira do expurgo
Polo Nadal puxemos en marcha a campaña libros por alimentos. O alumnado foi traendo alimentos non perecederos para o Comedor Social a cambio dun libro do expurgo. Tivo un grande éxito. Volveremos poñela en marcha no mes de xuño.
11 DE FEBREIRO. DÍA DA MULLER NA CIENCIA
Desde o colexio animamos a todas as nenas a interesarse pola ciencia. Noutros tempos a muller non era considerada o suficientemente intelixente como para desempeñar unha profesión científica. Moitas historias de mulleres importantes na ciencia foron anuladas ou silenciadas. Agora demostramos que tamén na ciencia están recuperando o lugar que lles corresponde. As actividades que fixemos foron unha exposición sobre mulleres científicas, o magnífico traballo que a universidade de Vigo fixo hai uns anos coas máscaras de mulleres científicas e un concurso para documentar que aportaron mulleres como Rosalind Franklin á ciencia. Ademais expuxemos 3 trompos decorados con mulleres científicas: Angeles Alvariño, Rosalin Franklin e Jane Goodal, feitos polas familias.
xoves, 5 de febreiro de 2026
CARTEL DO ENTROIDO FINALISTA
A nosa alumna Xonxa quedou finalista do concurso de carteis organizado polo Concello de Cangas para anunciar o Entruido, cun precioso deseño inspirado no entruido de Vilanova. noraboa Xonxa!. Este ano quixeron recuperar a palabra que antigamente se empregaba en Cangas para referirse á festa do Entroido.
CHARLA SOBRE O ENTRUIDO
No colexio xa estamos quentando motores para o Entroido. Este martes viñeron falar do Entroido Claudia, presidenta de Nerga, acompañada do gaiteiro e compositor Nico García e Lorena, presidenta de Pinténs. Faláronnos do Entroido de antes e puxéronnos algúns vídeos para explicar a tradición e o reto de conservala. O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento. Algúns alumnos e alumnas de sexto serán este ano presidentes das súas comparsas no colexio e tomaron boa nota das funcións de ser presidentes.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)