Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta matemáticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de maio de 2016

PROXECTO MATEMÁTICAS
O  alumnado de 2º curso estivo traballando as matemáticas dunha forma moi práctica e divertida. Primeiro tiveron que buscar unha receita e calcular cantos ingredientes necesitaban para facer a receita para toda a clase. Despois tiveron que calcular os cartos que necesitaban para mercar os ingredientes, investigando o prezo de cada un. O paso seguinte foi o da compra no super, e por último fixeron as receitas na clase. Estaba todo riquísimo.






luns, 2 de maio de 2016

OS OFICIOS

O pasado martes a clase de 1º tivo a visita dun papi que veu a falarnos de como emprega as matemáticas no seu oficio.
O pai de Xandre, que se chama Cristóbal, é aparellador, é dicir, o que fai os planos das casas e de moitas outras cousas. Trouxo un montón de ferramentas  para medir; flexómetro, metro plegable, medicor láser, cinta métrica e incluso un nivel, para saber si a parede que se constrúe vai recta. 
Os de 1º mediron  e aprenderon moito.
Moitas grazas  Cristóbal.



sábado, 30 de abril de 2016

CANTO MIDE UNHA BALEA?

O alumnado de infantil foi de visita ao museo Massó de Bueu. Despois de aprender moitos datos sobre as baleas quixeron saber canto ocuparía unha balea nun espazo real. Primeiro intentáronnno no patio cuberto pero NON CHEGABA!. Así que empregaron o pavillón. Primeiro mediron os metros e pegáronlle un número e despois indicaron ata onde chega unha balea vasca que mide 15 metros, e unha balea azul que pode medir 33 metros. Se lle gustaran os nenos paparía enteiriña á clase de 5 anos!!