martes, 24 de maio de 2016



LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA
UNE CORRECTAMENTE CADA DATA CO SEU HOMENAXEADO/A E PARTICIPA NO CONCURSO (PODES CONSULTAR A EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA)


·                     ROSALÍA DE CASTRO
      2013
·                     FRANCISCA HERRERA
     1963
·                     MARÍA MARIÑO
·    2016
·                     ROBERTO VIDAL BOLAÑO
·    1987
·                     MANUEL MARÍA
     1991
·                     CELSO EMILIO FERREIRO
·    2007
·                     ÁLVARO CUNQUEIRO
·    1998
·                     CASTELAO
·    1965
·                     EDUARDO PONDAL
     1964
·                     XOÁN DE CANGAS
·     1989

mércores, 4 de maio de 2016

2ª FEIRA DO LIBRO.
Os nenos e nenas de infantil e primaria que trouxeron un libro da súa casa, fixeron o troco. Canxearon o seu vale por un libro dos da exposición, despois de escoller coidadosamente. Tamén houbo troco de adultos pero este ano se animaron pouquiños. Esperamos que para o ano que ven se nos animen máis papis e mamis!




OS MAIORES DRAMATIZAN CONTOS PARA OS PEQUENOS

Durante o mes de abril, na hora da lectura, os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron facendo representación de contos para infantil 1º e 2º curso. Os pequenos estiveron moi atentos e os maiores o pasaron moi ben facendo de actores e actrices. Noraboa!






PROXECTO MATEMÁTICAS
O  alumnado de 2º curso estivo traballando as matemáticas dunha forma moi práctica e divertida. Primeiro tiveron que buscar unha receita e calcular cantos ingredientes necesitaban para facer a receita para toda a clase. Despois tiveron que calcular os cartos que necesitaban para mercar os ingredientes, investigando o prezo de cada un. O paso seguinte foi o da compra no super, e por último fixeron as receitas na clase. Estaba todo riquísimo.