xoves, 24 de xaneiro de 2019

MALETA VIAXEIRA DE CIENCIAS

AGATA E PACO INFORMAN: XA ESTÁ AQUÍ A MALETA DE CIENCIAS DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS DE SANTIAGO. VEN CARGADIÑA DE NOVIDADES. AS QUE MÁIS VOS GUSTEN APUNTÁDEAS NA LIBRETA DE SUXERENCIAS E PODEMOS CONSEGUILAS PARA O COLE. TEMOS ATA FINAIS DE XANEIRO!!

martes, 1 de xaneiro de 2019

Recollida de fotos sobre a auga do Hío

O primeiro será desexarvos BO NADAL E FELIZ ANO 2019. O segundo é propoñervos un enredo para estas vacacións. Queremos reunir fotos antigas do Hío nas que dalgún xeito apareza a auga: lavadoiros, fontes, regatos, a nosa amada choiva, a costa e todas as posibilidades da “auga salgada”. Podedes envialas escaneadas ao correo electrónico do colexio(resolución mínima de 800ppp) ou en papel para que nós as dixitalicemos. As fotos teñen que vir cos seguintes datos: No reverso, propietaria/o e nome da alumna ou alumno que fará de mensaxeiro. En folla aparte, localización do lugar, nome das persoas que aparecen, anécdota ou información relacionada coa imaxe. Seremos coidadosos ao máximo e devolverémosvos as imaxes unha vez escaneadas. Co material faremos unha exposición, un álbum ilustrado, ou… xa veremos o que. Participades? Unha aperta do profesorado do Hío.

Proxecto medioambiental

domingo, 2 de decembro de 2018

Olimpíada do CEIP do Hío



Agata e Paco informan:
O venres 30 de novembro celebráronse as Olimpíadas de San Andrés 2018, con carácter bianual. O alumnado participou nas probas de velocidade, salto de lonxitude, altura, lanzamento de peso,  torres de carozos e carreiras de sacos para os máis pequenos. Despois da chocolatada organizada pola ANPA chegaron os deportes; brilé, futbito e baloncesto. Toda a rapazada o pasou en grande. Aquí deixamos a proba. Que a disfrutedes!