HOXE TOCOULLES AOS DE 1º E 2º ESCOITAR AO ESCRITOR OLI. CONTOUNOS CONTOS DE RATOS E TAMÉN DE PITOS, APROVEITANDO QUE XA SOMOS UNS EXPERTOS.
mércores, 8 de xuño de 2022
luns, 23 de maio de 2022
PREMIO PROVINCIAL "ONCE"
O CURSO DE 6º VEU DE SER PREMIADO NO CONCURSO ESCOLAR ONCE "O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS". O DEBUXO QUE SE ESCOLLEU DE ENTRE TODOS OS TRABALLOS DE 6º FOI O DE IVÁN, LARA E SARA "UN COLEXIO PARA TODOS" SE QUEREDES VER O CARTEL E O AUDIO PICA NO SEGUINTE ENLACE, BUSCA A COMUNIDADE, GALICIA E A PROVINCIA PONTEVEDRA E DALLE A ENVIAR. TAMÉN PODES VER OS TRABALLOS FEITOS POR OUTROS COLEXIOS.
POR SER GANADORES PROVINCIAIS NA SÚA CATEGORÍA RECIBIRON UNHA BONITA MOCHILA DA ONCE.
OBRADOIRO PALITROQUES
Os cursos de 3º e 4º asistiron a un obradoiro con Víctor González sobre o xogo de construcción de xeometría "Palitroques". Eles mesmos construíron o xogo que formará parte do material da Biblioteca Creativa onde terán que construir as diferentes propostas que indique o manual. Aquí vos queda un resumo da xornada:
PALITROQUES
martes, 17 de maio de 2022
xoves, 12 de maio de 2022
CONTACONTOS PARA 3º E 4º
O 11 DE MAIO VEU VISITARNOS BONIFACE OFOGO, NACIDO EN CAMERÚN, PARA CONTARNOS COUSAS DE ÁFRICA E PRESENTARNOS 2 HISTORIAS QUE XA PODEDES LER NA BIBLIOTECA.
O ALUMNADO DE 3º E 4º POIDERON FACER UN MONTÓN DE PREGUNTAS E XA ESTÁN DESEXANDO QUE BONIFACE VOLVA VISITARNOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMEN:
venres, 6 de maio de 2022
PRIMAVERA LITERARIA
Xa podedes comezar a ler algúns dos textos da primavera literaria. Podedes decidir cal vos gusta máis nos comentarios. Teremos en conta as vosas opinións á hora da votación.
sábado, 30 de abril de 2022
OS PERIGOS DE INTERNET
Esta semana tivemos a visita da Guardia Civil para alertarnos do perigo de navegar por internet sin a supervisión dun adulto. As horas que lle adicamos ao xogo tamén deben estar moi controladas xa que derivan moitas veces en deficit de atención escolar, adición aos videoxogos e comportamentos inadecuados sobre todo cando non se respetan as idades para a que está indicado o videoxogo.















