O vindeiro martes 3 de maio, ás 5 da tarde terá lugar unha charla para as familias sobre estos temas. O profesorado está moi preocupado polos crecentes problemas derivados dun mal uso de internet e dunha excesiva exposición a Internet e aos videoxogos. Recomendamos a todas as familias que poidan que asistan a esta charla. A garda Civil estará encantada de resolver as vosas dúbidas.
Esta semana tivemos a visita da Guardia Civil para alertarnos do perigo de navegar por internet sin a supervisión dun adulto. As horas que lle adicamos ao xogo tamén deben estar moi controladas xa que derivan moitas veces en deficit de atención escolar, adición aos videoxogos e comportamentos inadecuados sobre todo cando non se respetan as idades para a que está indicado o videoxogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario