martes, 19 de decembro de 2017

concerto punk infantil

XA ESTÁ AQUÍ O DISCO CONCERTO PUNK INFANTIL DE BRAIS DAS HORTAS E PETER PUNK. 

O alumnado de 1º curso participou na súa gravación e os cantantes nos obsequiaron cun libro- disco para a biblioteca e por suposto un agasallo para cada neno e nena participante. 
As cancións son moi divertidas e marchosas. Estes músicos, políticamente incorrectos, actuaron no cole e fixéronnos bailar e cantar a todos, cos seus grandes hits "vou facer pis", "mixilón"ou "chungo que te cagas"....con perdón.





xoves, 14 de decembro de 2017

GUÍAS DE LECTURA 2017

COMPARTE AMOR POLO NOSO
Un ano máis, froito do enriquecedor traballo en equipo, 
na coordinadora dos Equipos de Dinamización 
Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con 
recomendacións en galego. 
A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos 
motores que caracterizan o noso traballo común.
O obxectivo é facer chegar ás familias e a toda a 
comunidade educativa, suxerencias de lecturas e música 
para todas as idades. As guías están cheas de novidades e 
reedicións en lingua galega, ademais non nos 
quixemos esquecer de poñer algo de María Victoria Moreno, 
a autora homenaxeada nas letras galegas 
2018. 

Mandamos unha gran aperta a Luz Beloso que nos agasallou 
coa fermosa ilustración das guías: 
MOITAS GRAZAS! .



Aquí vos deixamos as guías para que este Nadal as casas 
se enchan de cultura en galego! 

GUÍAS DE LECTURA 2017

RECOMENDACIÓNS INFANTIL

martes, 14 de novembro de 2017

Queremos ciencia en galego!!

Para celebrar este mes da ciencia en galego expuxemos algúns dos libros que temos na biblioteca sobre ciencia en galego. Tamén recordamos a viaxe do Beagle e das teorías de Darwin que nos propuxo a páxina www.cienciaengalego.org. E como non,  acordámonos das investigadoras galegas das que  falaremos máis polo miúdo no mes de marzo cando celebremos o día da muller.
Tamén aproveitamos para enviar polas clases os enigmas que a nosa investigadora Agata nos propón.