Para celebrar este mes da ciencia en galego expuxemos algúns dos libros que temos na biblioteca sobre ciencia en galego. Tamén recordamos a viaxe do Beagle e das teorías de Darwin que nos propuxo a páxina www.cienciaengalego.org. E como non, acordámonos das investigadoras galegas das que falaremos máis polo miúdo no mes de marzo cando celebremos o día da muller.
Tamén aproveitamos para enviar polas clases os enigmas que a nosa investigadora Agata nos propón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario