luns, 11 de febreiro de 2019

Premios do concurso de postais organizado pola Biblioteca Municipal do Hío



  AGATA E PACO INFORMAN:

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO HÍO PREMIOU AO COLE POLA SÚA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. O ALUMNADO DE 5 ANOS, 1º E 2º FIXERON UNHAS POSTAIS DE NADAL PRECIOSAS E ALFONSO, O BIBLIOTECARIO DO HÍO AGASALLOU AO COLE CON DOUS PRECIOSOS LIBROS QUE ESTARÁN DISPOÑIBLES PROXIMAMENTE NA BIBLIOTECA. MOITAS GRAZAS ALFONSO!
SI QUEREDES SABER MAIS SOBRE O CONCURSO ENTRADE NA PÁXINA DA BIBLIOTECA DO HÍO
http://bibliotecasmunicipaisdecangas.blogspot.com/

COÑECEMOS A CDU DA BIBLIOTECA

AGATA E PACO INFORMAN: 

 O ALUMNADO DE PRIMARIA VISITOU A BIBLIOTECA E PARTICIPOU NO XOGO DE PISTAS PARA COÑECER A CDU (CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL). FIXÉRONNO MOI BEN!

luns, 4 de febreiro de 2019

A MÚSICA DA AUGA

Dende o Hío informan Agata e Paco:

  O venres 1 de febreiro tivemos a sorte de asistir ao concerto de Servando Barreiro e Anxo Moure que nos recordaron a importancia de coidar a natureza e sobre todo os ríos. O alumnado poido cantar e bailar a música do disco "A música da auga". Pasámolo moi ben. Aquí tendes algunhas das imaxes.

xoves, 24 de xaneiro de 2019

MALETA VIAXEIRA DE CIENCIAS

AGATA E PACO INFORMAN: XA ESTÁ AQUÍ A MALETA DE CIENCIAS DA ASESORÍA DE BIBLIOTECAS DE SANTIAGO. VEN CARGADIÑA DE NOVIDADES. AS QUE MÁIS VOS GUSTEN APUNTÁDEAS NA LIBRETA DE SUXERENCIAS E PODEMOS CONSEGUILAS PARA O COLE. TEMOS ATA FINAIS DE XANEIRO!!

martes, 1 de xaneiro de 2019

Recollida de fotos sobre a auga do Hío

O primeiro será desexarvos BO NADAL E FELIZ ANO 2019. O segundo é propoñervos un enredo para estas vacacións. Queremos reunir fotos antigas do Hío nas que dalgún xeito apareza a auga: lavadoiros, fontes, regatos, a nosa amada choiva, a costa e todas as posibilidades da “auga salgada”. Podedes envialas escaneadas ao correo electrónico do colexio(resolución mínima de 800ppp) ou en papel para que nós as dixitalicemos. As fotos teñen que vir cos seguintes datos: No reverso, propietaria/o e nome da alumna ou alumno que fará de mensaxeiro. En folla aparte, localización do lugar, nome das persoas que aparecen, anécdota ou información relacionada coa imaxe. Seremos coidadosos ao máximo e devolverémosvos as imaxes unha vez escaneadas. Co material faremos unha exposición, un álbum ilustrado, ou… xa veremos o que. Participades? Unha aperta do profesorado do Hío.

Proxecto medioambiental