domingo, 2 de abril de 2023
Creación dunha plataforma para a defensa da ría
O pasado 24 de marzo celebrouse no Concello de Cangas unha reunión para crear unha plataforma que implicara as asociacións do Hío, na defensa da descontaminación da ría de Aldán, da que dependen económicamente moitas familias. Claudio e o colexio do Hío, que tanto traballaron naquel proxecto que empezou no 2017, analizando a contaminación da Lagoa de Vilariño que derivou no 2018 no estudo da contaminación da ría de Aldán, dan así por finalizado un traballo onde alumnado e profesorado estiveron moi implicados. Agora toca dar relevo ás asociacións e Concello na busca de financiación para solucionar este problema. Afortunadamente varios colectivos do Hío se interesaron pola Creación da Plataforma e o vindeiro 14 de abril reuniranse no Colexio do Hío. Esperamos que nun futuro cercano poidamos dar solución a este grave problema. Sería un exemplo magnífico para o noso alumnado brindándolle así un futuro esperanzador.
PLAN DIRECTOR
A garda civil veu darnos información sobre o uso de internet, das mentiras e dos datos falsos que atopamos con frecuencia na rede. Recordade, en caso de dúbida, falar sempre cos vosos pais.
luns, 20 de marzo de 2023
Creando referentes
Xime Katy e Diana, familiares de Sofía e Xian de 4º curso, non puideron estar nas bibliotecas viventes pero quixeron compartir con nós a súas profesións. Grazas
martes, 14 de marzo de 2023
CONCURSO DÍA DA MULLER
Seguimos coa celebración do día da Muller que vai prolongarse unha semana máis. Coa exposicióndos oficios escollidos polo alumnado e das mulleres referentes puxemos en marcha o noso tradicional concurso de preguntas. Este ano, coa posta en marcha da radio, cada curso da lectura a unha pregunta cada día á vez que anuncia ao neno ou nena ganadora do sorteo da pregunta acertada no día anterior.
A ganadora desta 1ª pregunta foi Aroha de 4º curso.
A ganadora da 2ª pregunta foi Alba de 3º
O ganador foi Martín de 6º
O ganador do sorteo foi Xian de 5º
O ganador foi Samuel de 1º
O ganador foi Gael Vidal de 2º
A ganadora foi Alexia de 1º
mércores, 8 de marzo de 2023
domingo, 26 de febreiro de 2023
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









