domingo, 3 de marzo de 2019

Entroido no ceip do Hío

Agata e Paco informan: 

Como este ano estamos traballando o tema da auga e da contaminaciçon da ría de Aldán o alumnado disfrazouse de oficios relativos a auga; poceiros, mariñeiros, redeiras, homes e mulleres do tempo, peixeiras, mergulladores. As comparsan fixeron as coplas con letras críticas con estes e outros temas e tamén elaboraron accesorios con materiais reciclados. Acompañados do alumnado da Galescola e das familias, baixamos ao entorno do Cruceiro para interpretar alí as coplas, e rematamos bailando no colexio ao son dos gaiteiros . Aquí podedes ver os vídeos. VIVA O ENTROIDO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario