luns, 11 de marzo de 2019

Día da Muller

Agata informa:

Despois destes días de movilizacións e folgas o colexio do Hío segue a traballar pola visibilización do traballo da muller. Este ano baixo o título "Mulleres de auga" para abranguer a todas as profesións que teñen que ver coa auga. Na nosa, xa tradicional, mesa redonda tivemos como invitadas a Manuela, peixeira e  lavandeira, Mercedes, peixeira, María, redeira e Carmela mariscadora de area e de rocha (cría de mexilón e percebe). Todas elas,moderadas pola mestra Isabel Carracedo, nos foron contando a súa experiencia, desde traballar atando redes desde os 10 anos como María, de pasar por ser a primeira Canguesa que sacou o carnet de conducir, para ir buscar o peixe ás lonxas de Ribeira para despois vendelo,como Manuela ou  como Carmela que  nos contou os perigos do mar, onde todos os sentidos teñen que estar ao cen por cen e o importante que é ir acompañada, no caso de que pase algún accidente. Todas coinciden en que se mellorou moito pero aínda hai moito que facer. Aínda que ningunha se ten sentido en inferioridad de condicións cos homes, Carmela apunta que cando a muller ten postos de mando, aos homes élles máis difícil acatar as ordes e sempre poñen en cuestión a formación da muller. Así que nenas e nenos a seguir loitando pola igualdade e o mundo será un lugar mellor!






Ningún comentario:

Publicar un comentario