sábado, 29 de marzo de 2025

As escolas do Hio

O noso ilustre veciño Anxo Coya, veu mostrarnos fotos e documentación que el e Xoan Carlos Chillón recolleron tras unha exhaustiva investigación. Os veciños que estudaron no colexio e nas unitarias e mixtas tiveron a oportunidade de recordar a educación de antes, encontrarse con algunhas das súas profesoras e pasar unha tarde agradable. Rosa, unha das mestras que estivo no cole hai 50 anos, foi a conductora da charla. Para amenizar a velada, o coro escolar interpretou unhas cancións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario