domingo, 9 de marzo de 2025

BILIOTECAS VIVENTES

 O 7 de marzo estiveron con nós 5 mulleres relacionadas co colexio do Hío. Conchita e Rosa que foron profes desde a súa inauguración, Mª Luz que foi presidenta da ANPA, Carmiña que deu baile galego no colexio durante máis de 25 anos e Paola, ex alumna, licenciada en Belas Artes e autora da nosa mascota da Biblio, Agata. O alumnado de 3º a 6º escolleu previamente á muller que querían coñecer e despois en pequeno grupo e simultáneamente nos reunimos na biblioteca. Foi unha experiencia moi inspiradora. Aquí temos un resumo da xornada:


Ningún comentario:

Publicar un comentario