xoves, 7 de maio de 2026

CORRELINGUA 2026

O departamento de dinamización lingüística en colaboración coa CIGA, organizou a saída a Moaña para celebrar a festa da lingua. Coma todos os anos os gaiteiros "Os do Serán" nos acompañaron no percorrido que rematou na palco da música. Alí nos esperaban os manifestos a prol da nosa lingua e unha banda de rock chamada "Mekanika Rolling Band" que nos fixeron saltar e bailar coma tolos e tolas. Non esquezades empregar a lingua galega. Por mil primaveras máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario