domingo, 17 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026

 O venres 15 de maio celebramos o día das Letras Galegas. O alumnado de 5º fixo un resumo da homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño e a continuación todos xuntos, bailamos as coreografías preparadas por Manolo Cobas e coordinadas polo equipo de Dinamización lingüística. Como no Hío sobra talento, as pandeireteiras, o cuarteto de música tradicional e as alumnas de "Compartindo coñecementos" fixeron as súas actuacións demostrando que temos futuro na música tradicional. So falta que non nos esquezamos de empregar a nosa lingua que está a perder falantes ano tras ano. Por mil primaveras máis, QUE VIVA O GALEGO E AS NOSAS TRADICIÓNS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario