sábado, 29 de marzo de 2025

Lectura e familias. Obradoiros de papel reciclado e selos

A profe Sabela que dirixe o programa Lectura e Familias, organizou uns obradoiros para familias e alumnado. Foron uns obradoiros moi entretidos e de seguro que nas próximas propostas a paticipación será maior.

Xogos de mesa “A Quenlla”

Adrián Blanco que foi alumno do colexio, veu ensinarnos novos xogos, no recreo, ao alumndado voluntario. Se vos gusta algún deles podédelos mercar na librería "A Quenlla". Seguro que algún deles estará na biblioteca proximamente.

Oli. Historia do cole

O escritor de literatura infantil Oli que foi mestre e director do colexio durante varios anos veu visitarnos para contarnos un montón de contos. Entre eles o de "Once damas atrevidas" que veu moi ben para celebrar a semana da muller. Os nenos e nenas de 4º tamén lle quixeron facer unha entrevista para saber como foi a súa experiencia no colexio. Grazas Oli!

As escolas do Hio

O noso ilustre veciño Anxo Coya, veu mostrarnos fotos e documentación que el e Xoan Carlos Chillón recolleron tras unha exhaustiva investigación. Os veciños que estudaron no colexio e nas unitarias e mixtas tiveron a oportunidade de recordar a educación de antes, encontrarse con algunhas das súas profesoras e pasar unha tarde agradable. Rosa, unha das mestras que estivo no cole hai 50 anos, foi a conductora da charla. Para amenizar a velada, o coro escolar interpretou unhas cancións.

domingo, 9 de marzo de 2025

BILIOTECAS VIVENTES

 O 7 de marzo estiveron con nós 5 mulleres relacionadas co colexio do Hío. Conchita e Rosa que foron profes desde a súa inauguración, Mª Luz que foi presidenta da ANPA, Carmiña que deu baile galego no colexio durante máis de 25 anos e Paola, ex alumna, licenciada en Belas Artes e autora da nosa mascota da Biblio, Agata. O alumnado de 3º a 6º escolleu previamente á muller que querían coñecer e despois en pequeno grupo e simultáneamente nos reunimos na biblioteca. Foi unha experiencia moi inspiradora. Aquí temos un resumo da xornada:


sábado, 1 de marzo de 2025

CANTO SABES DO ENTROIDO DO HÍO?

 Xoga a este "Canva" creado polo mestre Carlos. Eres un experto/a no Entroido?


Copia de Entroido Hío de C F D 2 https://www.canva.com/design/DAGgI32f6v8/Zuubtt9QLRCRHgK-VLbY1g/view?utm_content=DAGgI32f6v8&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=uniquelinks&utlId=hd2f376394a