xoves, 22 de decembro de 2022
martes, 6 de decembro de 2022
OFICIOS DO MAR
PROXECTO "SON DO HÍO"
O pasado 30 de novembro, o alumnado de 4º e 5º cursos do cole tiveron ocasión de coñecer máis sobre os oficios do mar, aparellos de pesca e materias de traballo, grazas a Geli e Beti que nos falaron da profesión de redeiras.
domingo, 4 de decembro de 2022
UN COLE INCLUSIVO
AS PARALIMPÍADAS
E por fin despois da pandemia, puidemos celebrar a olimpíada pero este ano con moitas novidades. Os profes de E.F, María e Borja planificaron unhas superparalimpíadas con deportes alternativos. Foi un día fantástico aderezado pola chocolatada e biscoitada, feita polas familias. Viva o deporte!
luns, 28 de novembro de 2022
xoves, 24 de novembro de 2022
Dia da non violencia contra a muller
Para conmemorar este día fixemos unha exposición de libros sobre as emocións, o coñecemento persoal, o control da ira...
Tamén queremos volver compartir o pentálogo do xoguete coeducativo, plantexado como un xogo para facer en familia, tanto nos anunciós da televisión coma nos folletos publicitarios do xoguete. A igualdade tense que traballar desde todos os ámbitos e ás veces os medios de información non axudan. Aínda asocias as bonecas e o rosa coas nenas e os balóns e o azul cos nenos? Cambiemos o conto.
luns, 21 de novembro de 2022
Actividades sobre igualdade ANPA
Compartimos as actividades organizadas pola federación de ANPAS de Cangas relacionadas coa educación en igualdade e animámosvos a asistir.

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
