xoves, 24 de novembro de 2022

Dia da non violencia contra a muller

Para conmemorar este día fixemos unha exposición de libros sobre as emocións, o coñecemento persoal, o control da ira...


Tamén queremos volver compartir o pentálogo do xoguete coeducativo, plantexado como un xogo para facer en familia, tanto nos anunciós da televisión coma nos folletos publicitarios do xoguete. A igualdade tense que traballar desde todos os ámbitos e ás veces os medios de información non axudan. Aínda asocias as bonecas e o rosa coas nenas e os balóns e o azul cos nenos? Cambiemos o conto.


Tamén compartimos a montaxe que os nenos e nenas de 6º de primaria do colexio Covas-Meaño, fixeron co conto "O chuvasqueiro de Aurora" de María Márquez. O noso desexo é que nun futuro non moi lonxano non sexa necesario conmemorar este día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario