venres, 22 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Hoxe comezou a celebración do día do libro que se ampliará a toda a semana que ven. Algúns dos cursos que pasaron pola biblioteca xa puideronvisitar a exposición de novidades, a exposición de libros de película e recibiron os agasallos que Agata e Paco elixiron para eles: marcalibros, lambonadas, tatuaxes e para os maiores unha cita literaria. Ademais os que queiran poden escribir na libreta da bibioteca "que é para vos unha biblioteca".
FELIZ DÍA DO LIBRO! (Aproveitade o día de hoxe para mercar algún libro nas librerías de Cangas que seguro que vos fan desconto)

Ningún comentario:

Publicar un comentario