sábado, 30 de abril de 2022

OS PROXECTOS DO CENTRO

A MÚSICA NO COLE. OBRADOIROS CON DIDIER DÍAZ

Esta semana o alumnado de 5º tivo un obradoiro de música electrónica co profesor cubano Didier Díaz. Aquíe temos unha mostra. O alumnado disfurtouno ao máximo

E o alumando de 6º un obradoiro de percusión: Así de ben soaron.
INCUBADORA 
Este ano puxemos en marcha a incubadora. Os nenos e nenas de 1º e 2º levaron a cabo un proxecto no que investigaron e aprenderon moito sobre o nacemento dos pitiños. Naceron un montón!
A HORTA. PLANTACIÓN SETA SHIITAKE. 
O alumnado participou no cultivo da seta shiitake que ten un proceso peculiar. Non vai na terra, hai que facerlle uns buratos a un tronco, poñer as sementes e despois tapalas cun corcho. A continuación hai que deixar o tronco nun lugar húmedo e sombrío, e a esperar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario