sábado, 5 de novembro de 2022

PROGRAMA DE RADIO

O equipo de radio emociónate mostrounos como se fai un programa de radio. A proposta subvencionada pola Xunta de Galicia e ofertada a todos os colexios que a solicitaran organizouse para celebrar o 90 aniversario da chegada da radio a Galicia. Aquí temos un resume da gravación do programa de radio cos profesionais de radioemociónate, que foi todo un éxito grazas a labor da locutora que nos guiou no proceso, dos entrevistadores e entrevistadoras de 6º curso e dos invitados. Paralelamente trouxeron unha exposición sobre a historia da radio, con radios antigas e paneis informativos. O programa íntegro será compartido por Podcast cando Radioemociónate nolo comparta.Foi unha experiencia moi gratificante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario