sábado, 5 de novembro de 2022
Dia da Biblioteca
O 24 de Outubro celebramos o día das bibliotecas escolares poñendo en marcha os recunchos de favoritos nas aulas, as mochilas viaxeiras e o 1º atrapacontos do curso despois de 2 anos sin poder xuntarnos. Para este 1º atrapacontos (lecturas compartidas)a biblioteca colaborou co equipo de normalización e decidimos darlle vida á recopilación de rimas tradicionais que hai moitos anos se recolleron na parroquia do Hío e que se editaron no libriño "Titiridalle". Os contacontos substituiron a lectura do conto pola transmisión de rimas e xogos tradicionais. Foi moi emotivo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario